Fighting
Barriers
PROXECTO FIGHTING BARRIERS
O proxecto Fighting Barriers xurde como unha ampliación do documental “Tomás Fábregas. Fighting Barriers” dirigido por Domingo D Docampo.
Os obxectivos do proxecto son:
- Dar a coñecer a figura do activista Tomás Fábregas e a labor humanitaria que realizou.
- Contribuir a loitar contra a discriminación e o estigma que sofren as persoas con VIH.
- Analizar a comunicación que historicamente se realizou sobre o VIH/Sida.
- Apoiar o debate sobre o enfoque que debe seguir a comunicación sobre o VIH.
Fomentar o coñecemento sobre o VIH e outras ITS, e sobre a prevención e tratamento. - Colaborar con entidades e administracións na prevención do VIH e outras ITS.
- A posta en marcha de actividades que fomenten o coñecemento de Tomás Fábregas, a non discriminación e a prevención e coñecemento do VIH e outras ITS.